Volven os máis Jrandes

Disque oese comentar que volven os Heredeiros da Crus.

Xa me parecía a min que era moi raro tanta xente que chegaba o blog, buscando “volven os heredeiros”. A raíz dunha entrevista en planeta furancho  escribín esta entrada (21 Marzo 2011)
Agora non funciona o enlace no que falaba Tonhito.

Parece que se vai confirmando. Hoxe nun comentario do twitter vin esta web  www.volvenosmaisjrandes.com , pensei carallo, os mais jrandes son Heredeiros non? Pois despois de botarlle un ollo cheguei a conclusión de que teñen que ser eles.

Na páxina de facebook que enlaza a web, a xente  tamén fala de que teñen que se eles.

Aparte diso eu aporto as miñas conclusións despois de ver os videos.

  • O título da web usando a palabra jrandes en vez de grandes apunta o uso da gheada, típica nos HDC. “Eu quero josar …”
  • Nun video falan de se ese home collera nas mallas,  as mallas de Javi Maneiro supoño.

Agora ata que chegue a confirmación definitiva,  data de inicio dos concertos so queda preguntarse:

  • Voltaran todos? Pois se son os máis jrandes terán que ser todos. Javi, Tuchiño, Tonhito, Fran, e todolos baterías jaja.
  • Traerán novas cansións? Despois deste anuncio a “bombo y platillo” supoño que si,  aljo caera.
  • Cambiaran o estilo jrunje jallejo polo rollo Vetusta Morla? …

7lvvas e Heredeiros- Rula e Machotiño

A canción Rula e Machotiño enteira

A canción e de 7lvvs na descripción de goear di que é un homenaxe a Heredeiros, eu vin un video de Tonhito tocandoa e esta caralluda

Seguide atentos as páxinas
www.volvenosmaisjrandes.com
www.facebook.com/volvenosmaisjrandes
www.manerasdevivir.com/foro/viewtopic.php?p=3725359
http://www.facebook.com/pages/PLANETA-FURANCHO/104289279604341

E xa pa rematar os máis jrandes son os Heredeiros hoxtia, e non se fale máis .

Publicado en Caralladas, Música, Noticias y política | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario

Goles da tempada 91-92 do Celta

Despois de ver o video eu saquei estas conclusións.

  • Gudelj era un autentico killer. Pichichi da segunda nesa tempada.  Espero que un día se faga un troco no Celta, Gudelj saque o traxe e salte o campo.
  • A Fabiano había que metelo no caldeiro por esas celebración, jaja.
  • Dadie non era tan malo como eu pensaba, algún gol meteu.
  • O Celta xa marcaba goles o estilo Stoke no 92, que grande Vicente.
  • A camiseta desa tempada e a que máis me gusta do Celta.
Publicado en Caralladas, Noticias y política | Etiquetado , | Deixar un comentario

Tony Lomba, E se o galo canta, per-versión de Final Coutdown

Final Countdown

Publicado en Música | Etiquetado , | Deixar un comentario

I Am a Champion per-versión en galego

Como motivar o teu equipo

Traducción ou per-versión libre de I am a Champion en galego:

No dia de hoxe cabaleiros, sintome honrado de adestralos
e máis honrado de levalos o campo de batalla
pero hai outro honor que levan enriba
ese honor é a resposta a esta pregunta

¿Quen hostias son? Son un campión

Caralludo, preciso que o recorden durante todo o xogo.
Vou conquistar o que nunca foi conquistado
a derrota non vai estar nas miñas crenzas.
Farei crer os que antes de min dubidaron
tratarei de manter sempre o prestixio
a honra e o respeto do meu equipo,
adestrei a miña mente e o meu corpo vaina seguir

¿Quen hostias son? Son un campión

Son consciente do feito de que o meu oponente
non espera que eu gañe
pero nunca me rendirei
A debilidade non estará no meu corazón
mirarei os meus irmáns que me acompañaron ata tan lonxe
e aqueles que me adestraron
e mostrareilles toda a miña forza

¿Quen hostias son? Son un campión

Terei pracer en ir o campo de batalla e movereime cara
adiante, con todo o que teña
e alcanzarei o meu obxetivo por calquera medio a miña disposicion
e cando chegue alí, fareino violentamente
arrincarei o corazón do meu inimigo e deixareino latexando no campo
pois él non pode determe

¿Quen hostias son? Son un campión

O meu lado teño os meus irmáns
irmans que estaran conmigo ata a morte
a traves do sacrificio, a traves da sangue
a traves da suor, a traves das bagoas,
nunca os deixarei caer, nunca os decepcionarei
e xamais deixarei a un inimigo as miñas costas
porque o meu rival non coñece o que hai no meu corazon

¿Quen hostias son? Son un campión

Ninguen podera negarme
ninguen podera definirme
e ninguen me dira quen ou que son, ou podo ser.
Crer en min, cambiara o meu mundo
movin marcos, movin leiras,
puxen un gaiteiro na lúa,
e vaime levar a gañar esta batalla

¿Quen hostias son? Son un campión

Derrota e rendición, iso non esta no meu vocabulario
eu non entendo o seu significado
eu non coñezo que as cousas vaian mal
eu non coñezo os erros pero si coñezo isto, coñezo a
victoria e entendo o que e o nunca rendirse
non importa como vaian as cousas
o meu corazon a miña mente cargaran o meu corpo cando as
miñas pernas non poidan mais

¿Quen hostias son? Son un campión

O día de hoxe e ó día
non mañan, non a outra semana
senon agora, aquí mesmo
na miña casa, no meu lar

¿Quen hostias son? Son un campión

A historia recordarame
non deixarei que me impoñan ser xentil
eu definome a min mesmo
eu escribirei a miña propia historia
e ninguen vaime dicir o que non podo ser
nunca deixarei o campo
sen saber que deixei todo o que podia dar

¿Quen hostias son? Son un campión
¿Quen hostias son? Son un campión

Publicado en Caralladas, Estrella Rosa, Noticias y política | Etiquetado , | Deixar un comentario

Lenda urbana Nº 8 Recopilatorio

Rammstein na luaVeña unha de lendas urbanas varias, a cargo do programa  Galaxias y Centellas coa colaboracion de Javier Pelaez de La Aldea Irreductible.

A Cocacola desfai a carne? Chegou o home a lúa? É certa a historia do boligrafo da Nasa? As tostadas caen sempre do lado da manteiga? Podese falar polo móbil*  nas gasolineiras?

Chuza  para escoitalo

(*)En galego con b en castelán con v.

Vía:
aldea-irreductible.blogspot.com
spe.fotolog.com

Publicado en Lendas Urbanas | Etiquetado , | Deixar un comentario

Documental, Skinhead Attitude

Skinhead Attitude é un documental do ano 2003 que fala do movemento Skin. Coido que moita xente descoñece e ten unha idea erronea deste movemento, gracias os medios de comunicacións tradicionais. Neste documental falase dos moi diversos grupos que xurdiron a partir dos primeiros skinheads. Subtitulado en castelan.

Parte 1, Parte 2, Parte 3, Parte 4, Parte 5, Parte 6, Parte 7, Parte 8, Parte 9, Parte 10, Parte 11

Publicado en Noticias y política, Películas | Etiquetado , , | Deixar un comentario

Documental Castelao, biografía dun ilustre galego

Un documental moi interesante e extenso sobre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.  Destacan os seus debuxos comentados, que son moi bos.  O documental ademais serve para coñecer como era a Galiza na súa época (1886 -1850). A voz en off de Castelao corre a cargo de Luis Tosar na versión galega.

A primeira imaxe que teño eu de Castelao foi a de un debuxo na Casa do Mar de Vigo  unha caricatura de si mesmo. E curioso saber co paso do tempo que Castelao ía pa médico pero o final deixouno para ser escritor, politico, debuxante etc.

Capitulo 1. Capitulo 2. Capitulo 3. Anton Reixa falando co director e o guionista.

Somos españois porque somos galegos pois se non fosemos galegos non seríamos nada, nada.

-¿Por qué non lle dás de comer ao can?
-Para o que traballa…
-Pois entón, ¿por qué non o matas?
-Para o que come…











Castelao por Ourense en Google Maps
Avenida Castelao
Escultura de Castelao, rúa da Imprenta
Café Bar Castelao, rúa de Reza

Documentación:
www.burbuja.info Señor Lobo

Publicado en Galegos con historia | Etiquetado , , , , | Deixar un comentario